Atropelados un pai e a súa filla de sete anos en Cee

Os dous foron trasladados ao Hospital de Cee. A rapaza foi a que levou o peor impacto.

Por Galicia Confidencial | Cee | 22/04/2024 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

Un pai e a súa filla de sete anos foron atropelados este luns lo lugar de Camiños Chans, en Brens, Cee, mentres cruzaban un paso de peóns.

Atropelo
Atropelo | Fonte: Cedida

Segundo informaron a GC fontes da Policía Local, o accidente tivo lugar sobre as 09.10 horas nunha recta de boa visibilidade cando os dous cruzaban un paso de peóns sinalizado. O conductor do vehículo ía a unha "velocidade importante e despistado" e non viu ao pai e á filla.

A menor foi a que levou un maior impacto e "saíu desprazada varios metros". Os dous foron trasladados nunha ambulancia medicalizada ao Hospital de Cee. Polo momento non se sabe o seu estado aínda que a nena "recibiu un golpe considerable".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta