Por Galicia Confidencial | Lugo | 24/04/2024 | Actualizada ás 12:39
A Plataforma Ulloa Viva anuncia a convocatoria dunha manifestación en Palas de Rei contra a macrocelulosa que Altri quere instalar no corazón de Galicia. Logo de rematar o periodo de alegacións á exposición pública do proxecto o pasado 17 de abril, a voceira Marta Gontá agradeceu o feito de ter presentado “o número de alegacións maior a un proxecto na historia de Galicia”. Logo desta contestación social a Plataforma vén de convocar a primeira manifestación en contra do proxecto de Altri, que terá lugar o vindeiro 26 de maio en Palas de Rei. A Plataforma Ulloa Viva asistiu onte no Parlamento de Galicia ao debate dunha interpelación do deputado do BNG Luís Bará á conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, sobre o proxecto de Altri de instalar unha macrocelulosa en Palas de Rei. Marta Gontá, Zeltia Laya e Mónica Cea aproveitaron a invitación do BNG a esta sesión plenaria do
Pazo do Hórreo para manter encontros cos distintos grupos parlamentarios galegos entregarlles un documento respecto do impacto ambiental, social e económico do proxectode Altri.
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida por Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
AS REUNIÓNS COS DIFERENTES GRUPOS PARLAMENTARIOS
No BNG foi a voceira nacional, Ana Pontón, xunto coa voceira suplente, Ollala Rodil, as que mantiveron a reunión coa Plataforma. Destacaron no encontro o seu apoio ás reivindicacións realizadas e, puxeron sobre a mesa distintas iniciativas que os seus voceiros van a levar a cabo en Galicia e en Madrid a respecto do proxecto desta celulosa.
A deputada socialista, Patricia Iglesias recibiu ás tres voceiras de Ulloa Viva en nome do Grupo Parlamentario do PSdeG. Asegurou que o partido está "moi vixiante" sobre o proxecto da celulosa de Altri en Palas, insistiron ademáis que de concerderse os fondos do PERTE da descarbonización a Altri, estes quedarían esgotados e hai moitos outros proxectos desbotados por factores medioambientais negativos.
Tamén o PP respostou á petición de Ulloa Viva, e finalmente a voceira suplente Cristina Sanz e o deputado Gonzalo Trenor mantiveron un encontro coa Plataforma. Aseguraron que esixirán que o proxecto cumpra con toda a lexislación e indicaron que serán os técnicos da Xunta de Galicia os que decidirán ao respecto. A rolda de contactos rematou co deputado do Grupo Mixto, Armando Ojea, membro de Democracia Ourensena, que recoñeceu coñecer o proxecto fai moito tempo e amosou a súa posición contraria ao respecto.De feito Ojea explicou que mesmo visitou a zona afectada e asegurou que calquera iniciativa ao respecto no Parlamento galego vai contar co voto en contra deo Grupo Mixto.
Logo de escoitar no Parlamento galego á conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, a respecto do proxecto de Altri, a Platoforma Ulloa Viva fica "moi preocupada" ao escoitarlle á responsable do Proxecto Gama, a exposición pública do mesmo e das alegacións presentadas que "nin os seus técnicos son capaces de examinar un proxecto coma este con 8.500 páxinas". Ulloa Viva considera que estas palabras de Lorenzana como un "menosprezo e poñer en dúbida a capacidade de técnicos da administración pública que ten que velar polo cumprimento da legalidade dun proxecto que se quere implantar en Galicia". Segundo explicou Marta Gontá: "Dinnos que esteamos tranquilos, que o proxecto ten que cumprir a legalidade, e, ao mesmo tempo dinnos que os técnicos non son quen de examinalo todo".
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- (Vídeo) Os ríos desbordan e asolagan leiras enteiras nos concellos de Padrón e Rois
- A Xunta di que hai que esperar ano e medio ou dous para ter bivalvos resistentes na ría de Arousa
- Sanidade ve a gripe "de baixo risco", cun 15% de ingresos por urxencias
- Santiago avanza no borrador da taxa turística
- O CHUAC chega en 2024 aos 309 transplantes de órganos, a cifra máis alta da súa historia
- Nova manifestación en Vigo este xoves polos recortes en recursos públicos educativos e sociais