Galicia deixa 42 vacantes MIR sen cubrir en Medicina de Familia despois da convocatoria extraordinaria

Galicia conta cunha taxa de 14,51 centros de maiores por cada 10.000 persoas de 80 anos ou máis, unha cifra case catro puntos máis baixa que a media nacional

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2024 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

A adxudicación extraordinaria de prazas de Formación Sanitaria Especializada 2023/2024 finalizou este mércores e en Galicia en Medicina de Familia e Comunitaria quedaron vacantes 42 prazas. Así, esta repesca cubriu na comunidade galega 21 das 63 que quedaron libres no proceso ordinario. Desta forma, en Ourense hai 12 prazas sen adxudicar, en Santiago catro, do mesmo xeito que en Ferrol, en Lugo 16 e en Pontevedra seis.

No conxunto do Estado son 246 prazas vacantes, todas elas da especialidade de Medicina Familiar e Comunitario, que supera os datos de 2023, onde quedaron 131 prazas libres desta especialidade. Así, das 2.492 prazas ofertadas en Familia ocupáronse o 90 por cento, pero quedaron 246 sen ocupar, a pesar de que nesta convocatoria esta especialidade contaba cun aumento de 34 prazas dentro das 429 novas prazas ofertadas nesta edición do MIR.

Na convocatoria extraordinaria ofertáronse 459 prazas entre as que se incluían, ademais de Familia, dúas prazas das 125 de Medicina de Traballo e 12 das 122 de Medicina Preventiva e, a diferenza de Familia, estas si foron ocupadas polos recentemente graduados de Medicina.

A esta sesión extraordinaria foron convocadas 3.460 persoas aspirantes, que superando a puntuación mínima, non foran adxudicatarias de praza no chamamento ordinario por calquera causa. Neste chamamento ampliouse a cota de persoas extracomunitarias ata as 850 prazas, 355 prazas máis.

Desde o 22 de abril ata este 24 de abril de 2024 tramitaron solicitude de praza 250 persoas aspirantes, o sete por cento das persoas convocadas ao chamamento extraordinario. Hai 22 persoas aspirantes convocadas nesta sesión que pertencen á cota de persoas con discapacidade, ningunha delas tramitou a solicitude de praza. Hai 1.032 persoas aspirantes convocadas pertencentes á cota de extracomunitarios, 228 tramitaron a solicitude de praza.

Desta maneira péchase a convocatoria de prazas MIR 2023/2024, na que se ofertaron 8.748 prazas, 429 máis que no anterior ano, e da que se ocuparon o 97 por cento (8.522 prazas) entre o período ordinario e extraordinario.

Antes de finalizar o prazo extraordinario de adxudicación de prazas, a ministra de Sanidade, Mónica García, mostrábase confiada este martes desde Bruxelas en que a convocatoria extraordinaria de prazas para Médico Interno Residente (MIR) permitise que "non quede ningunha praza vacante", mentres chamaba a unha reflexión "máis ampla" sobre as dificultades da carreira médica para entender as razóns polas que segue habendo vacantes.

Traballadores médicos do Sergas
Traballadores médicos do Sergas | Fonte: Rosa Veiga

NÚMERO DE CENTROS PARA MAIORES INSUFICIENTE

Galicia conta cunha taxa de 14,51 centros de maiores por cada 10.000 persoas de 80 anos ou máis, unha cifra case catro puntos máis baixa que a media nacional, segundo o primeiro 'Censo de Centros Residenciais de Servizos Sociais' en España, que recolle datos de 2022.

Tal e como recolle o documento, en Galicia hai 345 dos 5.188 centros deste tipo que hai en España están en Galicia. A nivel nacional, España conta con 18,11 centros por cada 10.000 persoas maiores de 80 anos.

O estudo aborda tamén outro tipo de centros como os destinados a persoas con discapacidade, dos que hai en toda España un total de 1.455, 66 en Galicia. Máis pormenorizadamente, o conxunto do país dispón de 4,35 centros por cada 10.000 habitantes con discapacidade; unha cifra que baixa ata os 3,13 no caso de Galicia.

A investigación, dada a coñecer este mércores polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, foi elaborada polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) e a súa presentación tivo lugar na sede principal do Instituto en Madrid, coa participación da secretaria de Estado de Dereitos Sociais, Rosa Martínez, e da directora xeral do Imserso, Mayte Sancho.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta