O cese do secretario xeral da Consellería de Cultura, Carlos Amoedo, ten moito que ver coas diferencias, que dende hai tempo, mantén a cúpula do BNG coa titular deste departamento, Ánxela Bugallo...
Xa contamos aquí que a relación entre Quintana e Bugallo está rota. Segundo puido confirmar GC, Amoedo era unha persoa da total confianza de Quintana e as relacións deste con Bugallo non eran as desexadas dende hai tempo. Sen embargo, no entorno do líder do Bloque pensabase que Bugallo conservaría a Amoedo no seu posto ata as seguintes eleccións polo que o seu cese causou certo malestar, sobre todo, cando quedan cinco meses para os comicios. O propio Touriño non deixou pasar hoxe o momento, logo do Consello da Xunta, para asegurar que Bugallo "perdeu a confianza" en Amoedo e de paso, suxerir, a existencia dunha minicrise do BNG na Xunta.
E é especialista en pechar museos por tempo indefinido co pretexto de facer obras. Así fixo no Museo das Preregrinacións e co Etnolóxico de Ribadavia durante moitos anos. O museo do viño, por suposto, non funciona.
29Pedro
Sierra é un protexido da Bugallo porque, cando esta era unha ninguén e andaba a velas vir, Sierra fíxolle moitos favores desde o seu posto na Xunta de Fraga. Pero Sierra é moi mal xestor. Non foi do PSOE, aínda que andaba moi próximo. Nunca militou no nacionalismo. A súa xestión na delegación de Ourense só pode calificarse de mediocre e bucrocrática. Fala moito pero fai pouco.
28atorrante
Amigo Juan, á prensa interésalle máis os temas rosas que a política xeral, esa que fai grandes fortunas. Fan que critican mentres deixan que outros enchan as alforxas
27Juan
Por qué non sae na prensa "seria", en ningún xornal de galicia a impugnación do plan eólico? Fernandito Blanco, émulo de Fraga na súa peor versión, controlando os medios
26manuel fernández
Dicía que Sierra é moi coñecido e querido nun museo da súa provincia natal porque hai decadas que se levou unhas pezas para estudiar con mais deteñemento e non lle viron mais o pelo. Un fenómeno.