Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2024 | Actualizada ás 14:15
Dúas mulleres, nai e filla, resultaron feridas tras rexistrarse unha colisión entre un turismo e unha furgoneta na AC-552, no municipio coruñés de Vimianzo, segundo informou o CIAE 112 Galicia.
O accidente ocorreu sobre as 11,00 horas deste mércores, á altura de Berdoias, e unha das persoas implicadas no choque contactou co 112 para pedir axuda, especialmente para a súa nai, que non respondía a estímulos. Os xestores de Emerxencias mobilizaron unha ambulancia e un helicóptero, aínda que as feridas foron finalmente evacuadas por estrada.
Ademais dos efectivos de 061, tamén se informou aos bombeiros de Santa Comba, Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vimianzo, así como aos operarios do servizo de mantemento da vía.
Unha vez no punto, os bombeiros comunicaron ao 112 que non fora necesario excarceras, xa que as persoas feridas estaban liberadas e accesibles. As mulleres foron trasladadas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.