Unha carreira entre o Pico Sacro e a Cidade da Cultura, a cara deportiva do 17 de maio

Poden participar tanto atletas federados como afeccionados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2024 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

A celebración do Día das Letras Galegas tamén terá a súa cara deportiva coa celebración un ano máis da carreira 'Camiño das Letras', que outro 17 de maio volve propor unha ruta entre o Pico Sacro (Boqueixón) e a Cidade da Cultura. A nova edición desta proba deportiva organizada por Xurdir en colaboración coa Xunta foi presentada este venres no Gaiás, meta da carreira de 15 quilómetros que percorre o último tramo da Vía da Prata.

A carreira, que forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, divídese en dúas probas absolutas nas que poden participar tanto atletas federados como afeccionados. Así, a ruta longa partirá ás 10.00 horas do Pico Sacro para finalizar tras 15 quilómetros pola ruta da Vía da Prata na Cidade da Cultura, lugar onde se desenvolverá a proba curta, de 5 quilómetros nun circuíto que atravesará o 'Bosque de Galicia'. Ademais, tamén haberá carreiras para os máis novos, con circuítos no complexo do Gaiás para categorías entre a sub6 ata a sub16, segundo explican os promotores nun comunicado.

O secretario xeral de Lingua, Valentín García, acompañado do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentan en rolda de prensa a X Carreira Camiño das Letras
O secretario xeral de Lingua, Valentín García, acompañado do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentan en rolda de prensa a X Carreira Camiño das Letras | Fonte: CONCHI PAZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta