Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2024 | Actualizada ás 17:11
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, considerou que Galicia aínda ten capacidade de crecemento en turistas, pero defendeu medidas como a desestacionalización e a "redistribución dos visitantes" para fomentar a sustentabilidade desta práctica. Respecto diso, afirmou que Galicia "aínda non está preto" de alcanzar o seu "número máximo de turistas" e que "aínda ten capacidade de crecemento" tendo en conta que conta cunha "oferta moi grande".
Neste sentido, destacou que a comunidade galega conta con moitas opcións para a desestacionalización e pode promover turísticamente zonas que ata agora non o son tanto. "Creo que niso consiste a sustentabilidade, nunha redistribución dos visitantes", sinalou para avogar tamén por "evitar que haxa concentracións en determinados puntos do ano". "E por aí vai ese observatorio", dixo.
O presidente da Xunta considerou que Galicia está nunhas cifras que permiten "pensar nestes parámetros", así como "na calidade dos visitantes, a parte da cantidade". Con todo, deixou claro que isto non quere dicir, nin moito menos, que llagase a números máximos.
IMPACTO NA VIVENDA
Ademais, recoñeceu que o turismo está a repercutir na vivenda e asegurou que lle gustaría que "houbese unha regulación homoxénea a nivel estatal" que tivese en conta as particularidades de cada comunidade e afrontase que "España é un gran destino turístico, con diferentes ritmos e fluxos". "Abordar todo o tema de vivenda turísticas 'versus' falta de vivenda, iso non debemos de rexeitalo nin moitísimo menos e creo que en Galicia, da man do sector, teriamos que empezar a falar diso", afirmou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.