Atopan en avanzado estado de descomposición o cadáver dun home de 47 anos en Vimianzo

Distintas fontes apuntan que tamén acaba de falecer a súa avoa, de 99 anos.

Por Europa Press / Redacción | Vimianzo | 20/05/2024 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil de Vimianzo localizaron nun domicilio da localidade o corpo sen vida dun veciño de 47 anos que, segundo os primeiros indicios dos investigadores, levaría varios días falecido. O achado produciuse na pasada xornada, segundo confirmaron a Europa Press fontes da investigación. A patrulla acudiu á vivenda tras recibir a alerta dun particular.

As fontes consultadas por Europa Press indicaron que está pendente o resultado da autopsia para ratificar se o home, cuxo cadáver estaba en avanzado estado de descomposición, faleceu por causas naturais. En todo caso, confirmaron que na habitación na que foi atopado non había ningún indicio de violencia.

VIVÍA SÓ

Fontes municipais consultadas por Europa Press ratificaron que o home achado morto, que será enterrado no cemiterio de Cereixo, vivía só. As mesmas fontes confirmaron que tamén acaba de falecer a avoa do home, que tiña 99 anos.

Axente da Garda Civil
Axente da Garda Civil | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta