Por E.P. | A CORUÑA | 22/05/2024 | Actualizada ás 19:19
Sumar Galicia expuxo o "rescate urxente" da AP-9 e anticipar os prazos do Corredor Atlántico, en base ás medidas que recolle o seu programa electoral.
O seu candidato ás europeas Juan Díaz Villoslada, acompañado do portavoz de Sumar Galicia, Paulo Carlos López, e a coordinadora do programa, Rocío Núñez, presentaron, nun encontro cos medios de comunicación, as distintas propostas.
"Non é aceptable que Galicia teña que esperar 25 anos máis para ter conexións verdes, eficientes e regulares con Europa", sostivo Villoslada, en relación ás súas propostas en materia de infraestruturas.
O programa inclúe o rescate urxente da AP-9, "cuxa prórroga foi aprobada en minutos de desconto polo goberno do PP", argumentou tamén en liña con outras das súas propuetas como mellorar a política pesqueira común ou promover a reindustrialización de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.