Ollo a partires deste luns: a DGT inicia en Galicia unha campaña especial de vixilancia nas estradas en obras

O obxectivo, segundo explicou a delegación do Goberno en Galicia, é garantir o cumprimento da sinalización preventiva que se instala cando se realizan traballos na calzada, xa que a DGT advirte que se incumpre reiteradamente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2024 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) e a Agrupación de Tráfico da Garda Civil iniciarán este luns en Galicia unha campaña especial para controlar os tramos en obras de vías interurbanas. O obxectivo, segundo explicou a delegación do Goberno en Galicia, é garantir o cumprimento da sinalización preventiva que se instala cando se realizan traballos na calzada, xa que a DGT advirte que se incumpre reiteradamente.

Pola súa banda, desde Tráfico subliñan que seguir estas indicacións é fundamental para garantir a seguridade de todos os usuarios da vía. Desde este luns e ata o domingo día 9, os axentes vixiarán o respecto á sinalización extraordinaria nas vías por realización de obras, a atención e a precaución durante eses tramos, a redución da velocidade por obrigación e por prudencia e o incremento da distancia de seguridade.

Gardas Civís realizan un control nunha estrada de Cáceres sobre o uso dos cintos de seguridade
Gardas Civís realizan un control nunha estrada de Cáceres sobre o uso dos cintos de seguridade | Fonte: DGT - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta