Noelia González, beneficiaria da primeira 'Tarxeta 8M' para favorecer o emprendemento feminino en concellos rurais

Destinará este cartón á súa empresa de organización de eventos consistente no deseño, produción e planificación de congresos, festivais, cerimonias, feiras e convención.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/06/2024 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, fixo entrega este luns da 'Tarxeta 8M', dotada con 1.134, á primeira beneficiaria do programa 'EmprendOU en feminino-8M' co que a institución provincial pretende promover o emprendemento feminino en zonas rurais da provincia. Con este programa, tal e como destacou a Deputación nunha nota de prensa, apoia ás iniciativas das mulleres de menos de 30 anos que cren unha empresa en concellos de menos de 10.000 habitantes, é dicir, en 88 dos 92 municipios ourensáns.

Así, Noelia González, de Xinzo de Limia, é a primeira beneficiaria deste cartón que destinará á súa empresa de organización de eventos consistente no deseño, produción e planificación de congresos, festivais, cerimonias, feiras e convención. Neste sentido, González explicou que colabora con empresas "de primeiro nivel do sector a nivel nacional, fabricantes de estruturas para a creación de eventos temáticos, de alimentación e de artesanía".

Segundo o presidente da Deputación, Luís Menor, con este cartón demóstrase que "as políticas de igualdade e de reto demográfico son unha prioridade para este goberno". Así mesmo, destacou a "celeridade" coa que se tramita esta axuda, xa que "tan só pasaron 11 días" desde que a emprendedora completou toda a información requirida para solicitar esta axuda ata que a recibiu.

O presidente da Deputación ed Ourense, Luís Menor, con Noelia González Novelle (1ª muller participante do programa da Deputación Ourense, EmprendOU en Feminino)
O presidente da Deputación ed Ourense, Luís Menor, con Noelia González Novelle (1ª muller participante do programa da Deputación Ourense, EmprendOU en Feminino) | Fonte: DEPUTACIÓN DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta