As empresas de traballo temporal consiguen anular o convenio colectivo de empresas de bingo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2024 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este martes a anulación do artigo 11 do convenio colectivo de empresas organizadoras do xogo de bingo 2021-2025 por "limitar o acceso" a empresas de traballo temporal para contratar persoal.

O edicto recolle un fallo da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) no que se recoñece que este artigo, que xa foi reformulado en tres ocasións, limita o acceso a ETT para a contratación de persoal, algo que vai contra a lei 14/1994 de empresas de traballo temporal.

O artigo, recorrido pola Asociación de Axencias de Emprego e Empresas de Traballo Temporal (Asempleo), recollía inicialmente que as empresas "limitarán a contratación de traballadores a través de empresas de traballo temporal ata un máximo do 10% do cadro de persoal".

Posteriormente, a redacción foi reformulada ata a actual, que recolle: "Coa finalidade de fomentar a contratación indefinida e a creación de emprego estable no sector, adaptándose ás esixencias formativas e de control administrativo que o caracterizan, os asinantes comprométense a utilizar con carácter preferente as modalidades de contratacion orientadas a dar continuidade aos persoais e acudirán á contratación de persoas traballadoras en empresas de traballo temporal naqueles casos excepcionais que non puidesen cubrirse por contratación directa".

A idea que formulaba a Asociación de Bingos de Galicia pasaba pola necesidade de que os persoais destes establecementos teñan certa estabilidade. Con todo, o TSXG considera que o artigo "limita e grava a actuación das empresas de traballo temporal", en relación a actividades paralelas e necesarias, como a limpeza de locais.

Bingo en Vigo
Bingo en Vigo | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta