Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/06/2024 | Actualizada ás 19:17
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recoñeceu este mércores a case 150 estudantes por ter os mellores expedientes de Formación Profesional nun acto celebrado no Auditorio da Facultade de Veterinaria da USC, en Lugo. O reitor Antonio López presidiu a sesión de recoñecemento institucional a este alumnado, que participou na última convocatoria das ABAU en Galicia despois de completar os seus respectivos ciclos superior de FP cunha nota media sobresaliente.
Ampliar a formación nas aulas da USC é agora un dos posibles horizontes de futuro para este colectivo preuniversitario, tal e como se puxo de manifesto nun acto que serviu para evidenciar as conexións existentes entre a Formación Profesional e os estudos universitarios. De feito, conforme informou a USC, ao redor de 400 titulados e tituladas en FP formalizaron no último bienio a súa matrícula en diversas titulacións universitarias impartidas nos campus de Lugo e de Santiago. "A FP é unha magnífica formación que cada vez ten máis conexión coa universidade", explicou o reitor, que dixo que se trata dun camiño bidireccional, no que cada vez máis alumnado de FP decántase por estudar a continuación un grao ou, ao revés, estudantes que acaban de terminar un grao deciden completar a súa formación a través dun ciclo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.