Por Europa Press / Redacción | FERROL | 17/06/2024 | Actualizada ás 14:54
A planta que Navantia Seanergies, división de enerxías verdes da empresa naval pública emprazada en Fene, concluíu en UTE con Windar Renovables a fabricación do primeiro monopile para un parque eólico mariño en augas de Escocia, o East Anglia Three, que está a ser desenvolvido pola empresa Scottish Power, filial de Iberdrola.
Esta é a primeira das estruturas fixas dun total de 45 monopiles, asinado en abril de 2023, e que segundo as previsións vai supor 900.000 horas de traballo durante un prazo de 15 meses, o que xa está a xerar ao redor de 450 empregos entre Navantia, Windar e a industria auxiliar nas instalacións da antiga Astano.
O primeiro monopile xa executado ten unhas dimensións de 84 metros de lonxitude, ten un peso de 1.800 toneladas e 10,6 metros de diámetro. A unidade xa se atopa na zona de almacenamento do estaleiro, tras pasar polo taller de fabricación de monopiles e polo taller de pintura.
Estas cimentacións corresponden ao parque eólico East Anglia 3, que se atopa dentro do complexo eólico mariño de East Anglia (2.900MW), en augas británicas e do cal 42 jackets do proxecto East Anglia ONE e unha subestación tamén foron construídos nas instalacións da comarca de Ferrol.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.