Vixilancia Aduaneira rexistra o Concello de Pontevedra

O rexistro foi ordenado pola xuíza Pilar de Lara tras conversas telefónicas da Operación Pokemon e que están relacionadas coa empresa Viaqua, antiga Aquaguest. O concelleiro de Persoal refírese irónicamente ao rexistro cun "estamos a tremer".

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 11/11/2015 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

A xuíza Pilar de Lara ordenou este mércores un novo rexistro nun concello galego. Neste caso foi o de Pontevedra, gobernado polo nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores. Funcionarios do Servizo de Vixilancia Aduaneira acudiron ao consistorio, a instancias do Xulgado de Instrución 1 de Lugo, para recompilar documentación relacionada coa empresa Viaqua, antiga Aquagest.

Miguel Anxel Fernández Lores
Miguel Anxel Fernández Lores

Os funcionarios de Aduanas interviñeron documentación sobre a facturación desde 2009 con esta empresa, cuxo contrato coa corporación pontevedresa data de 1997 e ten vixencia até 2017. Así mesmo, fixo provisión de documentación sobre a facturación desde 2009 da empresa Transportes Viuda de Cándido.

O concelleiro de Persoal, Vicente García, apuntou á probable relación deste rexistro coa Operación Pokemon e expresou con ironía que na corporación están "a tremer". O Concello de Pontevedra xa foi obxecto doutro rexistro, relacionado coa Operación Patos hai uns meses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 antonino

Adiante xa coa U PE GA

4 Ramón Piñeiro Repoludo

A España mendaz reforzase da man do posibilismo electoralista En Marea Ar A Perdiz. Mintireiro e español mesa camiñeiro.

3 balbino

Curioso cando menos que as camaras chegasen antes que o persoal de aduanas e que a Xuiza que leva o caso sexa a muller do manda máis do Partido Popular de Lugo, de todos modos si se demostra que hai corrupcion que cada un apande co seu e de non ser asi que se publique en portada e con cámaras diante.

2 Gerardo Ferreira Lusquiños

Isto é todo, xa entraron varias veces e non atoparon nada. O Goberno Municipal invitounos a seguir investigando, por se se aburren en Aduanas.

1 Nunca os meus son corruptos

E quen dixo que non atoparan nada. A anterior vez levaron material para a operación Patos e que estan xa no sumario como posibles casos de corrupción (en Vigo). Despois veu o caso Elsamex que xa foi admitido a trámite polo xuzgado de Pontevedra. E agora este episodio que forma parte da Pokemon (de Lugo). Tres casos, tres xuices (conspiración mundial contra o revolucionario Lores, membro do Casino)

2 Gerardo Ferreira Lusquiños

Si home, a Lores imputado por 3 sumarios, "tu lo flipas". Lores non che sei se é ou non revolucionario, mais nin os actuais alcaldes de Compostela, Ferrol e A Coruña non lle superan en políticas revolucionarias. Por moita megda que querades meter alí quedádevos.

1 Dingo

O poder corrompe. A UPG leva moitos años en Ponte. Iso é todo

1 chapela

Como é que se levam os anhos em ponte? Interessante pastoreio o da U!

2 Agetas das targetas

Máis "años2 ten o contrato de aquagest, que e da época do alcalde Pedrosa, do PP,