Galicia, potencia sidreira

Unha empresa de Chantada procesa 2,5 millóns de quilos para acadar a campaña sidreira “máis produtiva da historia”. Utiliza variedades autóctonas como a Rabiosa, Pero, Jamardo, Marafonsa, Ollo Mouro e Ollo Landoi.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 13/11/2015 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

A empresa galega Custom Drinks recibiu no último mes na súa planta de Chantada (Lugo) máis de 2,5 millóns de quilos de mazá sidrera galega, que permitirán elaborar ao redor de 1,6 millóns de litros, unha cifra que pon fin "á campaña mais produtiva da historia".

Descargando a mazá para elaborar sidra
Descargando a mazá para elaborar sidra | Fonte: Custom Drinks

“Trátase de un altísimo volume de produción nunca alcanzado até agora, nin sequera noutros anos de ciclo alto para as maceiras como é este 2015”, apunta a empresa nun comunicado.

Desde hai anos, precisa a empresa sidrera -fabricante da marca Maeloc-, está a tratarse de potenciar por parte de Custom Drinks "o cultivo ecolóxico de maceiras para a elaboración de sidra ecolóxica, un compromiso ao que se adhiren cada vez máis agricultores".

De feito, "este ano recolleron nas súas instalacións ao redor dun 60% máis de mazá sidreira ecolóxica que na campaña anterior". Gran parte das mazás recibidas por Custom Drinks proveñen de cooperativas e pequenos recolectores de diferentes zonas de Galicia e pertencen a variedades autóctonas como Rabiosa, Pero, Jamardo, Marafonsa, Ollo Mouro e Ollo Landoi.

Desde o ano 2013, a empresa trata de axudar aos produtores a sacar aínda máis rendemento aos seus cultivos e a mellorar a calidade da materia prima, a través do chamado Proxecto Maeloc para catalogar e identificar variedades comúns de mazá sidreira galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta