O Foro Económico lamenta as "posicións polares" sobre Altri e pide analizar o proxecto con "mente aberta"

Segundo expresou o director do Foro Económico de Galicia, Santiago Lago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2024 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

O director do Foro Económico de Galicia, Santiago Lago, lamenta as "posicións polares" que se estableceron sobre o proxecto de fibras téxtiles de Altri en Palas, o cal xa "transcende o económico" e "está no debate público e político".

A preguntas da prensa en relación con Altri, durante un encontro co secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, Lago dixo que o Foro Económico "non está a favor dos síes incondicionados nin dos nons rotundos e sen reflexión previa".

"Normalmente, as posicións polares non son as mais adecuadas", opina, xa que "calquera proxecto presenta dúbidas" e "incertezas, "pero tamén oportunidades".

De tal forma, pide analizar o proxecto coa "mente aberta" e "pór todos os argumentos encima da mesa", así como "axustar proxectos" de ser necesario.

Reunión do Foro Económico e o PSdeG
Reunión do Foro Económico e o PSdeG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta