Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2024 | Actualizada ás 19:11
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse con representantes da Asociación Empresarial Eólica (AEE), ante quen defendeu o "rigor" co que a Xunta tramita os proxectos eólicos nun contexto de parón debido á paralización cautelar de iniciativas decretada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Neste encontro, a conselleira expuxo que a Xunta somete os proxectos a avaliación ambiental común, a máis garantista de todas. Así mesmo, sinala que espera que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea valide a interpretación do Tribunal Supremo respecto da "boa praxe" da Xunta.
A conselleira tamén advertiu de que a demora no tempo das diferenzas entre os órganos xurisdicionais leva aparellada a paralización dos proxectos enerxéticos e industriais.
No tocante á eólica mariña, Lorenzana lembra que a Xunta presentou un total de 16 alegacións ao decreto polo que se regula a produción de enerxía eléctrica en instalacións situadas no mar, presentado o pasado mes de febreiro polo Goberno central.
Entre outras cuestións, require que as cuestione de impacto social aumenten o seu peso ao 50%, fronte ao máximo do 30% recolleito no proxecto de decreto, en relación con temas como compatibilidade co medio mariño ou as menores afectacións ao sector pesqueiro.
Noutra orde de cousas, Lorenzana clausurou, este venres, a Asemblea Xeral do Clúster da Madeira e do Deseño de Galicia. Alí manifestou o apoio da Xunta a toda a cadea de valor asociada á construción.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.