Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2024 | Actualizada ás 15:33
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, augurou unha nova marca anual de peregrinos e estimou que leste mesmo mes de xuño xa se alcanzará a cifra de 200.000 compostelas.
Así, segundo trasladou o Goberno galego, Rueda, que durante estes días realiza varias etapas do Camiño Portugués da Costa, destacou o peso que ten o peregrino internacional no Camiño de Santiago, que xa supera o 60% da cifra total, e valorou que cada vez os visitantes opten por rutas xacobeas máis diversificadas e desestacionalizadas.
"Está a conseguirse que a Marca Galicia, algo que é fundamental para nós, para o noso turismo, para representar a Galicia no mundo, teña mellor saúde que nunca", afirmou o presidente galego desde Pontevedra, onde iniciou a etapa deste sábado.
Así mesmo, o presidente da Xunta quixo animar a vivir "toda unha experiencia" como é facer algún dos camiños de Santiago e destacou que tanto o Camiño portugués tradicional como o Portugués da Costa "xa están case á vez do francés" en número de peregrinos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.