Yolanda Díaz e Méndez Ferrín, na lista de En Marea para o 20D

A líder de EU tería que deixar o Parlamento galego se sae elixida. O escritor Miguel Anxo Fernán Vello ocupará o número un por Lugo e o activista David Bruzos Higuero, por Ourense.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 15/11/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

En Marea ten xa os seus candidatos para as eleccións do 20D e, aos nomes que xa se coñeceron nos últimos días, súmase o de Yolanda Díaz, líder de EU en Galicia e coportavoz de AGE no Parlamento galego, que vai como número dous pola Coruña ao Congreso, por detrás de Antón Gómez Reino.

Yolanda Díaz e Méndez Ferrín na RAG, xunto con outros deputados de AGE, cando Ferrín era presidente da Academia
Yolanda Díaz e Méndez Ferrín na RAG, xunto con outros deputados de AGE, cando Ferrín era presidente da Academia | Fonte: RAG

En Lugo o elixido foi o escritor Miguel Anxo Fernán Vello e en Ourense, o activista David Bruzos Higuero. En Pontevedra xa se coñecía o nome de Alexandra Fernández Gómez. Ademais, para a Cámara Alta, destaca a presenza do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín por Pontevedra.

Finalmente, a coalición de Anova, Podemos e EU fixo un reparto de listas. Podemos quedou co número 1 da Coruña, Anova co número 1 de Pontevedra e EU, co número 2 da Coruña, que son os postos con posibilidades de ser elixidos o 20D.

Pola Coruña, a proposta que deben ratificar os inscritos no censo, compona José García Buitrón, Iria Otero Romeu e André Seoane Antelo; por Pontevedra: María Vanesa Angustia Gómez, Marta Díaz e Xosé Luís Méndez Ferrín.

Por Lugo os candidatos ao Senado son Luís Daporta, Modesto Renda Santiso e Carmen Granxeiro, mentres que por Ourense serán Pilar Barros Barco, Juan Villarino Martínez e Isabel Pena-Rei Bouzas. Case 4.000 persoas apuntáronse para votar as candidaturas desta plataforma electoral. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

13 AK47

NOXO, non hai outra maneira de definir a actitude destes pesebristas, da sra. Díaz, do impresentábel do sr. Ferrín -buscando onde chupar do bote- e da súa longa cohorte de admirador@s, máis acríticos e baballóns ca os adoradores do caudillo podemita. Ferrín e a FPG son un auténtico CANCRO dentro do nacionalismo e independentismo galegos. Eu non sei se traballan a mantenta para alguén, co obxectivo de dinamitar toda tentativa aglutinante dentro da esquerda e o nacionalismo galego, ou simplemente son tan paifocos e tan cobizosos como para antepoñer sempre os seus intereses ao interese común. No caso do profesor de español e seareiro das tascas todas de Castrelos, despois de saber do vergoñento proceder na RAG, témome que vai ser o segundo. A historia garda un lugar nos sotos máis balorentos para personaxes como Ferrín, Beiras, etc. Para a lexión de admirador@s, pseudo-intelectuais e demais fauna que os rodea, apenas o esquecemento.

12 D. Quixote de Terra Chá

É curioso que a estas alturas da película ainda exista quen ten dúbidas de si Galiza é ou non unha nación. Todos sabemos, piolo menos algúns, que sociale politicamente denominase nación aquel territorio cuns limites perefctamente definidos, cunha lingua propia, cunha cultura e unha historia en común tamén diferenciada na historia. Só faltaria ter o Poder sobre ese territorio para constituir un ESTADO. Isto non é discutible, Sr.Nostrus.

1 nostrus

Unha nacion é algo xurídico e non é preciso ter unha lingua diferenciada, ¿acaso Venezuela non é unha nación inda que se fale español?. Por outra banda si exiges unha historia diferente debes saber que a historia de Galicia esta vencellada a historia española, ¿acaso non compartimos franquismo, expansion a América, invasion napoleónica, Reis Católicos, Felipe II ctr?. Nacion é algo xurídico, pero si abonda con sentimentos ou espiritualidade calquer cousa pode ser nacion e poñemos como feito diferenciado argumentario o lacón ou o flamenco

11 Chan Gúi

Desde logo a foto sería un detonante para unha obra mestra do esperpento do noso universal Valle-Inclán, galego universal, aínda que escribise en español. Facía uns magníficos retratos deste tipo de elementos e tamén desa especie que habita ao outro lado do telón de grelos.

10 zasnascachas

Un cambio de siglas FPE Fronte Popular Española ou o que e o mesmo FAG Fronte Anti Galega cono cambian as cacholiñas dalgun sera a idade

9 Bufffff

É incrible q presenten a un corruto como Ferrín. Cal é a seguinte? Presentar a Axeitos, secretario con Ferrín e do que dixera Alonso Montero q cobraba uns mil euros sen coñecemento da Academia nin do tesoureiro?