Yolanda Díaz e Méndez Ferrín, na lista de En Marea para o 20D

A líder de EU tería que deixar o Parlamento galego se sae elixida. O escritor Miguel Anxo Fernán Vello ocupará o número un por Lugo e o activista David Bruzos Higuero, por Ourense.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 15/11/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

En Marea ten xa os seus candidatos para as eleccións do 20D e, aos nomes que xa se coñeceron nos últimos días, súmase o de Yolanda Díaz, líder de EU en Galicia e coportavoz de AGE no Parlamento galego, que vai como número dous pola Coruña ao Congreso, por detrás de Antón Gómez Reino.

Yolanda Díaz e Méndez Ferrín na RAG, xunto con outros deputados de AGE, cando Ferrín era presidente da Academia
Yolanda Díaz e Méndez Ferrín na RAG, xunto con outros deputados de AGE, cando Ferrín era presidente da Academia | Fonte: RAG

En Lugo o elixido foi o escritor Miguel Anxo Fernán Vello e en Ourense, o activista David Bruzos Higuero. En Pontevedra xa se coñecía o nome de Alexandra Fernández Gómez. Ademais, para a Cámara Alta, destaca a presenza do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín por Pontevedra.

Finalmente, a coalición de Anova, Podemos e EU fixo un reparto de listas. Podemos quedou co número 1 da Coruña, Anova co número 1 de Pontevedra e EU, co número 2 da Coruña, que son os postos con posibilidades de ser elixidos o 20D.

Pola Coruña, a proposta que deben ratificar os inscritos no censo, compona José García Buitrón, Iria Otero Romeu e André Seoane Antelo; por Pontevedra: María Vanesa Angustia Gómez, Marta Díaz e Xosé Luís Méndez Ferrín.

Por Lugo os candidatos ao Senado son Luís Daporta, Modesto Renda Santiso e Carmen Granxeiro, mentres que por Ourense serán Pilar Barros Barco, Juan Villarino Martínez e Isabel Pena-Rei Bouzas. Case 4.000 persoas apuntáronse para votar as candidaturas desta plataforma electoral. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

8 XanKaraLlás

Hai que votar por estes. Polas Mareas, contra o sectarismo e por un programa de esquerdas, que inclúe os dereitos nacionais dos pobos. Contra o PP, contra Ciudadanos e contra o PSOE.

1 nostrus

¿dereitos nacionais dos pobos? pero..... ¿de que pueblos? Que sepas que pueblo es la gente que habita en un territorio, por lo que delimitame un territorio y la gente que habita en él será su pueblo. Segun tu teoria cualquier trozo de territorio tendrá derecho a la autodeterminacion. Por algo el nacionalismo es el colmo de lo absurdo.

2 XanKaraLlás

Un pobo é un país. Galicia, Cataluña, o País Vasco, por exemplo. Alí onde hai un territorio que producen unha lingua propia hai un país. Non fai falta ser nacionalista para recoñecer isto, como non fai falta ser independentista para defender o dereito de autodeterminación dos pobos. Parece que para ti un pobo é un municipio (Redondela, Cambados, Verín, Betanzos, Monforte, Viveiro...) pero un pobo é algo máis, ten outras acepcións esa palabra. O que é absurdo non é o nacionalismo senón que mentres nas outras dúas nacionalidades con lingua propia (Cataluña e País Vasco) os fachas do PP non pintan nada, aquí, en Galicia, teñan maioría absoluta polo menos ata o momento, e iso é facer ostentación de estupidez e ignorancia diante de toda España, cada vez que hai eleicións. Mentres vascos e cataláns loitan, defenden a súa identidade nacional e progresan, nós emigramos e perdemos o cu por votar polos herdeiros de Franco.

3 nostrus

XanKaraLlas. Nada tiene que ver la zona de influencia de una lengua con una nacion, ¿acaso es una nacion todo el territorio donde se habla español?. Circunscribir una nacion a la zona de influencia de una lengua es tan absurdo como hacerlo en torno a un clima, a un determinado cultivo, a una religion o a un determinado modo de vida. Imagina que toda la zona que vive de la pesca fuera una nacion o la zona que vive de la explotacion de la pizarra. La nacion es algo juridico, pero cada uno haciendo uso de la imaginacion puede creer en lo que quiera, en la nacion gallega, en el reino de Dios. Es muy habitual en alguna gente confundir realidad con ficcion o con lo que se sueña. Algo tienen en comun los anorexicos con los nacionalistas, unos se ven gordos aunque esten delgados y otros ven naciones donde no las hay.

7 nostrus

Probablemente Iolanda Diaz tera que deixar o Parlamento galego porque esta lexislatura pronto remata e non porque saia elexida inda que o acompañe ese ex-coleccionista de armas de guerra en bo estado. Non perdemos nada porque a víbora comunista só poderá aportar ao Parlamento español insultos como os que a diario fai no Parlamento galego. En fin, a ver si hai sorte e non saen elexidos.

1 XanKaraLlás

Nostrus, xa estás a confundir "nación" con "estado". O que é xurídico é o Estado, a nación é natural. Todo territorio que ten idioma propio é unha nación. Non me refiro a idiomas impostos por colonización (colonización, polo menos, lingüística) onde xa había un idioma antes. Como o caso dos países de América, onde aínda se conservan moitas linguas nativas. Evidentemente, Venezuela non é España aínda que alí se fale español ou castelán. En canto a iso de "víbora comunista" demostra un franquismo visceral.

6 mareya putrefacta

eu xa sento noxo ... isto e un autentico shock cardioxenico, un IAM... , que saia un fulano como o antiguo atracador do RAG, meteu seica a media parentela a vivr do conto con pagos da xunta da malicia, e a outra vai levar un estacazo a ferrolita esta sendo xa a viuva alegre do vello "missing in action" que agora anda a decir que o seu era a docencia e non a política, -vieiras ti pasas a historia da Galicia como un-ha persoaxe traidora... en canto o do activista, ninguen sabe de ningún-ha actividade do activista, en ningún campo, outro farsante mais outro vividor do conto en busca de cacho electoral inexistente para esta inmundicia de podreiros da OTAN, de renegados de iu de expaña e de grandes traidores reanvados, son a escoura e a traizon da galiza, a pus chea de vermes dunha enfermidade séptica!!!! E A HORA DO MEDICAMENTO DO NACIONALISMO!

5 mareya putrefacta

eu xa sento noxo ... isto e un autentico shock cardioxenico, un IAM... , que saia un fulano como o antiguo atracador do RAG, meteu seica a media parentela a vivr do conto con pagos da xunta da malicia, e a outra vai levar un estacazo a ferrolita esta sendo xa a viuva alegre do vello "missing in action" que agora anda a decir que o seu era a docencia e non a política, -vieiras ti pasas a historia da Galicia como un-ha persoaxe traidora... en canto o do activista, ninguen sabe de ningún-ha actividade do activista, en ningún campo, outro farsante mais outro vividor do conto en busca de cacho electoral inexistente para esta inmundicia de podreiros da OTAN, de renegados de iu de expaña e de grandes traidores reanvados, son a escoura e a traizon da galiza, a pus chea de vermes dunha enfermidade séptica!!!! E A HORA DO MEDICAMENTO DO NACIONALISMO!

4 Odoíno

Se tem algumha lógica política desde a perspectiva emancipatória do País que vaiam juntos a F.P.G. com Podemos. Venha deus e ajude!. Ao nom ser que houvesse umha “conversom” por parte dumha força que se define independentista em ser acólitos da Vila e Cortelho. Que milagres fai o Cristo da Vitoria!