Yolanda Díaz e Méndez Ferrín, na lista de En Marea para o 20D

A líder de EU tería que deixar o Parlamento galego se sae elixida. O escritor Miguel Anxo Fernán Vello ocupará o número un por Lugo e o activista David Bruzos Higuero, por Ourense.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 15/11/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

En Marea ten xa os seus candidatos para as eleccións do 20D e, aos nomes que xa se coñeceron nos últimos días, súmase o de Yolanda Díaz, líder de EU en Galicia e coportavoz de AGE no Parlamento galego, que vai como número dous pola Coruña ao Congreso, por detrás de Antón Gómez Reino.

Yolanda Díaz e Méndez Ferrín na RAG, xunto con outros deputados de AGE, cando Ferrín era presidente da Academia
Yolanda Díaz e Méndez Ferrín na RAG, xunto con outros deputados de AGE, cando Ferrín era presidente da Academia | Fonte: RAG

En Lugo o elixido foi o escritor Miguel Anxo Fernán Vello e en Ourense, o activista David Bruzos Higuero. En Pontevedra xa se coñecía o nome de Alexandra Fernández Gómez. Ademais, para a Cámara Alta, destaca a presenza do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín por Pontevedra.

Finalmente, a coalición de Anova, Podemos e EU fixo un reparto de listas. Podemos quedou co número 1 da Coruña, Anova co número 1 de Pontevedra e EU, co número 2 da Coruña, que son os postos con posibilidades de ser elixidos o 20D.

Pola Coruña, a proposta que deben ratificar os inscritos no censo, compona José García Buitrón, Iria Otero Romeu e André Seoane Antelo; por Pontevedra: María Vanesa Angustia Gómez, Marta Díaz e Xosé Luís Méndez Ferrín.

Por Lugo os candidatos ao Senado son Luís Daporta, Modesto Renda Santiso e Carmen Granxeiro, mentres que por Ourense serán Pilar Barros Barco, Juan Villarino Martínez e Isabel Pena-Rei Bouzas. Case 4.000 persoas apuntáronse para votar as candidaturas desta plataforma electoral. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

3 CGXX

Aquí si podedes comentar pero na noticia de Baltar Fillo os comentarios están fechados.. Gran exemplo de xornalismo 2.0 este novo xornal

2 liboreiro

Partindo da base de que teño claro de que os meus inimigos son, o PPodre, falangitos, etc, na miña modesta opinión, o que fixeron os de En marea foi o contrario do que predicaban, hai uns meses ou un par de anos, algún-ha que adicabanse a rebentar asambleas cando se iniciaba o ilusionante proxecto en común, berros de democracia radical, non os pactos entre as cúpulas de partidos, horozintalidade, insultos a xente galeguista que estaba dlisposta a arrimar o hombro, etc,etc,etc...despois de asustar a decenas de persoas e conseguindo que o control de anova acabase nos "aperturistas" da FPG, anova é a FPG...estos predicadores hoxe en día mudaron increiblemente de opinión e pasaron "subliminalmente" a teoria de Galiza ceibe, poder controlar. Magoa, por que a oportunidade histórica de non ir nunha opcion de unidade, ímola lembrar polos séculos dos séculos.

1 Eu mesmo

Ramón Piñeiro, onde estea, a se de escachar coa risa. Finalmente a súa escola esténdea Ferrín. Só falla que apareza Monteagudo por algures e xa rematamos o peche do círculo e demostramos que na RAG nada mudou, un comunista español por outro. E despois atrévense a por non seus beizos o nome de Castelao. Si home si!!!

1 Odoíno

O ser comunista nom está negado com ser independentista; senom o contrário. A emancipaçom de classe com leva a emancipaçom como naçom. A história tem bem de experiências do mesmo: Vietname, por exemplo. Ademais como pode existir umha emancipaçom como naçom se as classes populares nom som donas de se mesmas?