A Xunta nomea polo sistema de libre designación a seis directores de centros integrados de FP

En concreto, contarán con directores novos o CIFP Ánxel Casal-Monte Alto da Coruña; o A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense; o de Vilamarín (Ourense); o Montecelo de Pontevedra; o Fontecarmoa de Vilagarcía (Pontevedra); e o CIFP Audiovisual de Vigo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2024 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades nomeou, polo sistema de libre designación, a seis directores doutros tantos centros integrados de Formación Profesional (CIFP). A listaxe figura nunha resolución publicada este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG), que recolle estes nomeamentos que terán efectos desde o 1 de xullo. Con todo, aínda se abrirá un mes de prazo para presentar recurso pola vía administrativa.

A elección de directores dos CIFP realízase polo sistema de libre designación, a pesar de que se contemplaron senllos informes emitidos polos consellos sociais e polos claustros dos centros. En concreto, contarán con directores novos o CIFP Ánxel Casal-Monte Alto da Coruña; o A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense; o de Vilamarín (Ourense); o Montecelo de Pontevedra; o Fontecarmoa de Vilagarcía (Pontevedra); e o CIFP Audiovisual de Vigo.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta