Satse denuncia que as listas de contratación de fisioterapeutas no Sergas están "en mínimos"

O sindicato de Enfermaría denuncia que están baleiras no caso dos distritos de Ferrol, Verín e Monforte.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2024 | Actualizada ás 16:17

Comparte esta noticia

O sindicato de Enfermaría Satse denuncia que as listas de contratación de fisioterapeutas no Servizo Galego de Saúde (Sergas) están "en mínimos" e, mesmo, baleiras no caso dos distritos de Ferrol, Verín e Monforte.

Segundo explica a organización nun comunicado, "as únicas dúas" zonas cunha situación máis favorable son A Coruña e Santiago, con 47 e 22 profesionais nas listas. No caso de Vigo, A Mariña, Lugo, O Barbanza e Pontevedra, hai dun a oito efectivos.

Para Satse, isto débese a "as condicións laborais" ofertadas para os fisioterapeutas. Ademais, denuncia a "irrisoria" cifra de prazas (70) que contiña a última oferta de emprego pública do Sergas. De feito, o sindicato advirte que os cocientes de fisioterapeutas marcasas pola Organización Mundial da Saúde, dun por cada 1.000 habitantes, "non se están cumprindo".

Un fisioterapeuta nunha sesión de fisioterapia
Un fisioterapeuta nunha sesión de fisioterapia | Fonte: acostat.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta