Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2024 | Actualizada ás 20:35
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, considerou que "o lóxico" é que haxa unha "proba única no seu contido global" para aSelectividade, uns exames que a partir de 2025 pasarán a denominarse Proba de Acceso á Universidade (ABAU). Unha proba na que, de aprobarse neste formato, non encaixaría o exame de lingua galega.
No entanto, a preguntas dos xornalistas, tras o Consello da Xunta, manifestou que espera que se entenda que "hai peculiaridades que poden e deben ser respectadas", ao ser cuestionado polo galego. O titular do Executivo galego fixo estas consideracións despois de que, ademais, o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, presumise este luns do acordo que asinou en Salamanca coas súas CCAA para unha proba común para 2025 nas comunidades autónomas gobernadas polo Partido Popular.
Nas súas declaracións, contrapuxo este acordo co "desgoberno" de Pedro Sánchez. É máis, recalcou que a súa formación defende a "igualdade" e a "equidade" dos españois e son "o único partido de Estado" en España.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.