Por GC Tendencias | Pontevedra | 21/11/2015 | Actualizada ás 08:46
Dous meses para a celebración do Culturgal - os días 4, 5 e 6 de decembro- a organización anunciou que o espazo expositivo xa está completo. Esta é a primeira edición do Culturgal ( e van oito) na que os stands ofertados esgotánse a semanas da celebración da Feira das Industrias Culturais no Pazo da Cultura de Pontevedra. Un síntoma da vitalidade do sector malia crise e tamén unha mostra do bo traballo da organización que dirixe Manuel Bragado.
Máis de 75 entidades ocuparán en 2015 os stands ofertados no Culturgal. A organización destaca "a importante presenza do sector libro, a progresiva incorporación da artesanía desde o pasado ano e a revitalización que está a experimentar o mundo do teatro"
Programación infantil
Un dos protagonistas desta edición serán os productos para os nenos. A entrada a Culturgal para menores de 12 anos terá un prezo de 1 euro.
En Pontevedra haberá estreas de espectáculos de Talía Teatro, A Gramola Gominola, Çé Orquestra Pantasma, BocAberta Cia, Artello Teatro, Migallas, Educateatro, Mam Cabra e máis. Ademais o domingo 5 de decembro pola mañá no Auditorio do Pazo o concerto especial de presentación do libro-disco “Canta o Cuco. Uxía e Magín Blanco na casa de Manuel María”, de Galaxia, coa participación de Guillerme Fernández, guitarra, e Santiago Cribeiro, acordeón.
Estreas de espectáculos de Talía Teatro, A Gramola Gominola, Çé Orquestra Pantasma, BocAberta Cia, Artello Teatro, Migallas, Educateatro, Mamá Cabra e máis. Ademais o domingo 5 de decembro pola mañá no Auditorio do Pazo o concerto especial de presentación do libro-disco “Canta o Cuco. Uxía e Magín Blanco na casa de Manuel María”, de Galaxia, coa participación de Guillerme Fernández, guitarra, e Santiago Cribeiro, acordeón.
Programación de Cine
O Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra converterase nunha sala de cine. proxectaranse os documentais Dos gaiteiros do mar coa participación de Xurxo Souto, os protagonistas e moita música; En todas as mans. Documentario o traballo de Trespés Cooperativa Galega dirixido por Diana Touceda e Manuel Quiroga, con convidados e coloquio. Ademais a miniserie Vento Ferido Serie da Facultade Ciencias Sociais e da Comunicación Universidad de Vigo e Las Altas Presiones, de Matriuska Producciones. O programa pecha o domingo con A viaxe de Leslie - El viaje de Leslie - Leslie's Journey coa participación de Marcos Nine, Pepe Coira e Daniela Arias.
O sábado pola tarde, momento de webseries: PIB, Gafas e Pallaso El Método Sueco Haters, Pink e Webserie Dalle Jas. O venres 4 chegará a presentación do documental Traballos e días de Francisco Leiro, coa presenza do artista de Cambados, do director Aser Álvarez e da axudante de dirección Mariana Romero.
Lista de expositores
En 2015 Culturgal, que conta co apoio dos gobernos local, provincial e autonómico; contará con 81 stands. Isto supón un 25% máis que os stands instalados na pasada edición da Feira das Industrias Culturais. Velaquí a lista completa dos expositores:
A Mesa pola Normalización Lingüística
Apiario
Aporía Escénica
Areladefe e Idoia Cuesta
Asociación Culturgal
Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación (AGPTI)
Asociación de Medios en Galego
Asociación Punto.gal
Através Editora
Barafunda Teatro
BocAberta
Brazolinda
Cestola na Cachola Cooperativa
Cinema Sticado
Compostela Cultura
Concello de Pontevedra
Concello de Redondela
Consello Galego de Cooperativas
Consorcio Editorial Galego
Copias de Autor
Cucuducho
Culturaqueune.com
Cunde
DAG (Asociación Galega de Deseñadores)
Deputación da Coruña
Deputación de Pontevedra
Edicións do Cumio
Edicións Embora
Editorial Galaxia
Educateatro Producións
Elena Ferro
Escena Galega
Esmerarte
Espazo Lector Nobel
Fabulatorio
Fol Música
Galiestampa
Ibuprofeno Teatro
Implicadas no Desenvolvemento / Asociación Minho Reggae
Inquedanzas Sonoras
Irmás Cartoné
Kalandraka Editora
Lata de Sal
Librarías Lila de Lilth e Ciranda
Librarías Paz e Seijas
Libraría Pedreira
Marta Armada
Miudiño Sociedade Cooperativa Galega
Montse Betanzos
Musicarte
Obradoiro Charamusca
Observatorio dos Medios Galegos
O Mago Paco
Os da Ría
Ouvirmos
OZOCOgz Deseño
Patasdepeixe
Pecados de Compostela
Peter´s Room
Producións Dispersas
PXCultural
Rei Zentolo
Rinoceronte Editora / Sushi Books
Sabidurius
Sacauntos Cooperativa Gráfica
Samuel Levi y los niños perdidos
Sanin Instrumentos
Sermos Galiza
Talía Teatro
Televisión de Galicia
Trespés Cooperativa
Urco Editora
Xerais
Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria / Agadic.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.