Multa de 500 euros por facer o teórico de conducir cun auricular e unha cámara oculta no Barco de Valdeorras

Non poderá presentarse de novo ao exame en seis meses.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/07/2024 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

Un home acudiu este mércores ao exame teórico para obter o carné de conducir no Barco de Valdeorras cunha cámara escondida na súa vestimenta e un auricular para recibir as respostas ás preguntas. A Garda Civil de Tráfico propúxoo para sanción e agora enfróntase a unha multa de 500 euros. Segundo informa o Subsector de Tráfico, o home é residente en Tarragona e de nacionalidade paquistaní.

Dispositivo co que un home tentou copiar no exame teórico de conducir no Barco de Valdeorras
Dispositivo co que un home tentou copiar no exame teórico de conducir no Barco de Valdeorras | Fonte: GARDA CIVIL DE TRÁFICO

Unha vez interceptado, os axentes procederon a tomarlle declaración e a realizar un informe dos dispositivos utilizados. O aspirante foi declarado 'non apto' na proba teórica de conducir do permiso B e proposto para expediente sancionador por infracción á Lei de Tráfico. Desta forma, o home enfróntase a unha infracción moi grave de 500 euros e sanción de seis meses sen poder presentarse de novo ao exame en toda España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta