O Parlamento demanda á Xunta que garanta a continuidade de estudos no Campus Terra da USC en Lugo

A encargada de defender a proposición foi a deputada socialista e exalcaldesa de Lugo Lara Méndez, que puxo o foco en que o campus lugués vive coa "espada de Damocles" que ameaza a continuidade de graos minoritarios que alcanzan "unha empregabilidade do 100 % dos titulados".

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 03/07/2024 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia