Activan un operativo para rescatar a un peregrino ferido nun nocello nun miradoiro da Guarda

O ferido é membro dun grupo que deu a voz de alarma ao redor das 17:15 horas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/07/2024 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Un operativo no que participan distintos efectivos de corpos de emerxencias participou na tarde deste mércores no rescate dun peregrino que sufriu unha ferida nun nocello cando se atopaba nunha zona rochosa nas proximidades do miradoiro de Punta Bazar, na Guarda.

Operativo rescate cerca da Torre de Hércules
Operativo rescate cerca da Torre de Hércules | Fonte: EloyTP

O ferido é membro dun grupo que deu a voz de alarma ao redor das 17:15 horas cando se toparon co final do carreiro polo que transitaban e necesitaban axuda para un dos seus integrantes, que acababa de torcerse un nocello, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia.

No operativo participan Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, o GES e a Policía Local da Guarda. Ante a imposibilidade de alcanzar ao grupo por terra, solicitaron a intervención do helicóptero Pesca 1 de Gardacostas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta