Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/07/2024 | Actualizada ás 20:14
Os centros galegos de Formación Profesional desenvolven este ano, co apoio da Xunta, un total de 45 proxectos de innovación aplicada que foron recoñecidos recentemente polos Premios de Innovación da FP polo seu "potencial innovador e traballo colaborativo". O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, destacou este venres a "calidade" destas iniciativas de carácter científico que os alumnos implementan ao longo do curso escolar.
Así o subliñou nunha visita ao Centro Integrado de FP (CIFP) Politécnico de Santiago, un dos galardoados na convocatoria deste ano por un proxecto sobre a recuperación da gaita porteña e outras gaitas de chaves galegas, que recibiu 42.000 euros da Xunta. Dentro doutros proxectos nos que colabora este centro de FP, enmárcase unha estación de traballo móbil con enerxía fotovoltaica desarollada polo CIFP Ferrolterra e outro desarollado polo CIFP Coroso de Ribeira enfocado na modificación xenética de fermentos para o seu uso na industria alimentaria.
A rede de Centros Integrados de FP aglutina o 60% destas accións que son un "exemplo" de traballo colaborativo e "transferencia" de coñecemento. O conselleiro asegurou que o Goberno galego mobilizou 10 millóns de euros nestes proxectos de innovación aplicada na Formación Profesional, co apoio de 66 centros, 2.4000 docentes e 450 empresas. Segundo explicou, estas iniciativas "contribúen á posta en valor do talento do alumnado da FP e a potenciar o desarollo tecnolóxico e a mellora da competitividade do tecido produtivo galego".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.