Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2024 | Actualizada ás 11:31
A produción industrial de Galicia caeu un 0,2% en maio en comparación co mesmo mes de 2023, segundo publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este venres. Deste xeito, o índice en Galicia durante o quinto mes de 2024 sitúase catro décimas por baixo da media estatal, que quedou nun incremento do 0,2%.
Así, a taxa industrial galega volve a terreo negativo interanual despois do incremento do 17% experimentado en abril. Galicia é a primeira comunidade que en maio presenta un índice negativo, xa que en terreo positivo só se sitúan Estremadura (17,4%), Cataluña (3,7%), Canarias (2,2%), País Vasco (1,4%) e Navarra (1%).
Por destino económico, a maior caída prodúcese nos bens de consumo durarero (-11,1%), seguida de bens de equipo (-9,9%) e bens intermedios (-1,2%). A alza lévalla a enerxía (14,7%), os bens de consumo non durarero (4%) e os bens de consumo (3%).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.