A nova oficina de turismo de Ourense dinamizará a oferta local

Con exposicións sobre termalismo, entroido e produtos da Ribeira Sacra, a Casa do Legoeiro promete ser un punto central para a promoción turística.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/07/2024 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia reforzou a actividade turística en Ourense reabrindo a oficina de turismo da cidade, que permanecía pechada desde fai cinco anos, e cunha nova inxección económica para diversificar e especializar a oferta da provincia. En canto á oficina de turismo, a infraestrutura, situada na antiga Casa do Legoeiro, na Ponte Romana, permanecía pechada desde fai cinco anos cando a Xunta de Galicia decidiu acometer unha reforma na que investiu preto de 300.000 euros.

Desde este luns reabre as súas portas "converténdose nunha infraestrutura estratéxica ao pé da Vía da Prata", en palabras do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles. Precisamente Merelles asegurou que "dará un salto cualitativo" para facilitar e mellorar a atención daqueles que visitan a cidade que "cada vez son máis". Neste sentido referiuse a os máis de 52.000 viaxeiros que acolleron os hoteis e pensións da cidade neste primeiros cinco meses do ano, o que segundo os seus datos "supón un incremento do 3% con respecto ao ano pasado".

Ademais, dixo que a demanda turística, "con máis de 95.000 noites, é a mellor desde que hai rexistros". Tamén fixo mención á crecente internacionalización de Ourense, afirmando que o turismo internacional creceu un 29% e "conseguiu os mellores niveis da historia con preto de 16.000 noites". Do mesmo xeito, subliñou a importancia dos peregrinos para a cidade expondo que este ano foron máis de 4.600 os que recolleron a Compostela tras realizar a Vía da Prata, "un incremento do 19%" en comparación co 2023.

Así pois, a intervención da Casa do Legoeiro supuxo a remodelación dun inmoble histórico que ofrece un espazo de 200 metros, conta con dúas andares, un mostrador de recepción ao público, despachos para a área termal e unha sala de exposicións; ademais de xardín exterior, almacén e baño. A maiores de funcionar para a atención e información aos visitantes está previsto que sexa dinamizada con exposicións, que porán en valor recursos turísticos da provincia; desde o termalismo e o entroido ata produtos amparados polo selo Galicia Calidade ou destinos como a Ribeira Sacra.

Mosteiro de San Pedro de Rocas en Ourense
Mosteiro de San Pedro de Rocas en Ourense | Fonte: Turismo.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta