Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/10/2024 | Actualizada ás 12:58
A Audiencia Provincial de Ourense xulgará o día 9, por presunta apropiación indebida, ao que foi presidente da Federación Empresarial de Hostalaría da provincia de Ourense en 2013 e a outro dos seus integrantes. Fiscalía sostén, no seu escrito de cualificación, que levaron a cabo acordos empresariais para a contratación de prestación de servizos vinculados a accións formativas, ademais de subministración de material.
Isto con subvencións da Xunta de Galicia e de Formación Tripartita, "cantidades que non foron reintegradas tal e como inicialmente se acordou entre as partes" o que motivou reclamacións xudiciais en vía civil polas empresas subcontratadas. "Os acusados percibiron unhas cantidades por parte dos distintos órganos subvencionadores, que debían ser destinadas para o pago dos servizos subcontratados, cantidades que non foron satisfeitas, pero que se foron a parar ás contas da Federación", engade Fiscalía que pide unha condena de tres anos e seis meses de prisión para cada un.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.