Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 06/10/2024 | Actualizada ás 11:34
Os efectivos de emerxencias tiveron que excarcerar, polo parabrisas, a unha persoa que quedou atrapada polo cinto de seguridade tras sufrir un accidente en Vilagarcía de Arousa. Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 23.30 horas deste sábado na PO-548 ao seu paso por Bamio e foi a persoa implicada a que deu a voz de alarma.
Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros do Salnés, o Servizo de Emerxencias e a Policía Local de Vilagarcía, así como a Garda Civil. Tras ser liberado, o ferido foi atendido polos profesionais sanitarios e trasladado en ambulancia ao Hospital do Salnés.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.