A Xunta destinará 4 millóns á automoción para promover a mellora tecnolóxica na cadea de valor

O Goberno galego presentará a próxima semana o borrador do Plan director da automoción

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2024 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou este martes que a Xunta de Galicia prevé activar no marco do Plan director da automoción unha segunda liña de axudas para apoiar ao sector na mellora tecnolóxica na súa transición cara a unha mobilidade sustentable.

Farao a través da firma dun convenio de colaboración entre o Igape e o Centro Tecnolóxico da Automoción (CTAG) para a mellora de equipos e instalacións técnicas que permitirán mellorar a competitividade e o fortalecemento deste sector estratéxico para Galicia. O seu importe ascende a 4 millóns de euros e con eles a Xunta levará activados no que vai de ano un total de 22 millóns para atender as necesidades de electrificación.

A conselleira realizou este anuncio no transcurso dunha visita ao Grupo Copo, o maior provedor da industria da automoción na rexión. No acto, do que informou a Xunta nun comunciado, agradeceu a aposta da entidade por Galicia.

Así, a Xunta lembrou que Copo conta con nove plantas de produción entre Galicia, Aragón, Portugal, México, República Checa e Eslovaquia, así como tres centros tecnolóxicos de I+D+i, un deles tamén en Galicia. Ao fío, Lorenzana asegurou que o CTAG é un centro "crucial" para Galicia, para industrias como Copo e "para seguir sendo un centro de atracción para novas empresas".

A conselleira de Economía e Industria tamén lembrou que o luns se abriu o prazo para solicitar a liña de apoio extraordinario que promove o Igape para o sector e que, cun orzamento de 18 millóns, busca intensificar a colaboración coa automoción galega potenciando unha cadea de valor dixital, verde e resiliente, capaz de facer fronte aos retos que o sector ten por diante.

Centos de coches agadan a ser embarcados no Porto de Vigo para a exportación
Centos de coches agadan a ser embarcados no Porto de Vigo para a exportación | Fonte: AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta