Porrogase un ano o prazo para que fillos e netos de exiliados poidan pedir a nacionalidade

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 09/07/2024 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

O Goberno aprobou prorrogar un ano o prazo para que fillos e netos de exiliados españois poidan solicitar a nacionalidade española. A Lei de Memoria Democrática do ano 2022 prevé un prazo para a solicitude da nacionalidade que vence en outubro de 2024 e que vai ser prorrogado. Ata o momento presentáronse 30.000 solicitudes.

Así o explicou o Ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, quen xustificou a prórroga na necesidade de "dar máis tempo" e lembrou, ademais, que a lei xa prevía a posibilidade de ampliar os prazos.

O ministro, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, mostrouse convencido de que a prórroga é unha "magnífica noticia" que "será aplaudida polos españois que volven asumir que son de novo españois con todos os parámetros legais establecidos".

A Lei de Memoria Democrática establece na súa Disposición Adicional Oitava que os nados fóra de España de pai ou nai, avó ou avoa, que orixinariamente fosen españois, e que, como consecuencia de sufrir exilio por razóns políticas, ideolóxicas ou de crenza ou de orientación e identidade sexual, perdesen ou renunciasen á nacionalidade española, poderán optar á nacionalidade española, para os efectos do artigo 20 do Código Civil.

Igualmente, poderán adquirir a nacionalidade española os fillos e fillas nacidos no exterior de mulleres españolas que perderon a súa nacionalidade por casar con estranxeiros antes da entrada en vigor da Constitución de 1978 e os fillos e fillas maiores de idade daqueles españois a quen lles foi recoñecida a súa nacionalidade de orixe en virtude do dereito de opción de acordo ao disposto na presente lei ou na disposición adicional sétima da Lei 52/2007, de 26 de decembro.

Emigrantes
Emigrantes | Fonte: Vivir Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta