O Foro Galego de Inmigración pídelle á Xunta a "máxima solidariedade" na repartición de menores migrantes

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2024 | Actualizada ás 09:59

Comparte esta noticia

O Foro Galego de Inmigración esixiu á Xunta a "máxima solidariedade" nos acordos que se adopten este mércores na Conferencia sectorial de migracións sobre a repartición de menores migrantes e que asuma os "cambios lexislativos necesarios para garantir os dereitos" destas persoas.

Nun comunicado remitido aos medios, o foro reclama ao Goberno galego que mostre neste encontro un "posicionamento solidario baseado na acollida do máximo número de menores migrantes non acompañados posibles". "Dispomos de recursos suficientes para esta acollida e é unha obrigación como sociedade", sinala.

Ademais, empraza á Xunta a asumir os cambios lexislativos necesarios para garantir os dereitos destas persoas e denuncia o "racismo institucional" promovido por grupos políticos e mesmo Comunidades autónomas ao considerar aos menores migrantes como "mera mercadoría, carente de dereitos humanos".

Ademais, esixe o Goberno central e ao resto de administracións públicas competentes unha resposta baseada no estrito cumprimento dos dereitos recoñecidos aos menores na propia lexislación, implementando os cambios lexislativos necesarios para garantir que se cumpran.

Por último, esixe que se poña freo á intolerable realidade dos miles de persoas que morren anualmente tentando chegar a territorio español, cunha reforma da Lei de Estranxeiría que estableza formas de entrada razoables e seguras para as persoas que queiran desenvolver un proxecto de vida no Estado español.

Migrantes subsaharianos aloxados nun hotel de Torrox
Migrantes subsaharianos aloxados nun hotel de Torrox | Fonte: Alez Zea

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta