Por Europa Press / Redacción | MADRID | 15/07/2024 | Actualizada ás 11:38
Ence Energía y Celulosa presumuiu de ser incluída, por cuarto ano consecutivo, na serie de índices FTSE4Good, que mide o rendemento das empresas que demostran "sólidas prácticas en criterios ESG (ambientais, sociais e de gobernación)", segundo informou a compañía.
Os índices FTSE4Good dependen do fondo bursátil FTSE Russel e son utilizados por unha ampla variedade de participantes no mercado para crear e cualificar fondos de investimento responsables e outros produtos financeiros. As avaliacións do FTSE Russell, o creador do índice, baséanse no rendemento en áreas como o goberno corporativo, a saúde e a seguridade, a loita contra a corrupción e o cambio climático.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.