Temas: EUSKATEL R

A operadora R manterá o seu persoal, locais e marca tras a compra por Euskatel

A compañía vasca xa é o grupo líder do norte de España en telefonía. Abanca será accionista mironitaria da nova fusión.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/11/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A compañía de telecomunicacións vasca Euskaltel completou xa a adquisición directa e indirecta do cento por cento do capital da compañía galega R Cable. Unha operación que fai da vasca o grupo de telecomunicacións líder do norte de España en telefonía.

Directirvos de Euskatel na sinatura dun acordo comercial
Directirvos de Euskatel na sinatura dun acordo comercial

O novo grupo manterá o carácter local de Euskaltel e de R Cable, o que se traduce na continuidade das respectivas marcas, estruturas locais e equipos profesionais, que ofrecerán os seus servizos a un mercado de 5 millóns de persoas, con máis de 715.000 clientes, uns ingresos de 570 millóns de euros e un resultado bruto de explotación (Ebitda) de 265 millóns de euros, segundo informou a compañía.

A compañía vasca prevé que a integración con R Cable xere unha importante sinerxía no mellor acceso e capacidade de negociación sobre produtos, servizos e contidos; aposta en común de sistemas e tecnoloxías, a optimización de relacións de contractuais con provedores e a armonización das estratexias de crecemento.

O presidente de Euskaltel, Alberto García Erauzkin, destacou que a suma das dúas compañías permitiralles "crecer e competir mellor" nos seus respectivos territorios e beneficiará a clientes, empregados e provedores.

"Somos empresas moi similares, compartimos a proximidade ao cliente, o obxectivo de dar o mellor servizo, unha presenza relevante en todos os segmentos de actividade e unha firme e decidido aposta pola calidade e a innovación", sinalou.

"Por este motivo, manteremos a continuidade das respectivas marcas, estruturas locais e equipos profesionais porque son as claves do éxito", suliñou García Erauzkin.

O prezo definitivo da compra de R foi de 1.190 millóns de euros, incluíndo capital e débeda. A compra financiouse mediante a ampliación das liñas de financiamento bancario existentes por 600 millóns de euros, a contratación dun tramo de débeda institucional de 300 millóns de euros asegurado por catro entidades financeiras, a emisión de novas accións e fondos dispoñibles en efectivo.

A operación completouse hoxe tras culminar unha ampliación de capital de 225 millóns de euros, 80 dos cales foron subscritos por Abanca, de maneira que a entidade financeira que era copropietaria de R Cable pasa a ser accionista minoritario de Euskaltel.

O banco vasco Kutxabank, que agora ten o 30 %, seguirá sendo o primeiro, e os 35 millóns restantes até os 1.190 millóns totais do pago serán cubertos con diñeiro de caixa.

Temas: EUSKATEL R
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta