Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/07/2024 | Actualizada ás 14:14
Un operario resultou ferido na mañá deste venres ao explotar o soplete que manipulaba nunha vivenda en reformas no lugar de Añón de Berdillo, no municipio coruñés de Carballo. O home resultou ferido na cara e nun pé e foi evacuado en helicóptero. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 11.30 horas, cando o compañeiro do ferido chamou alertou de que escoitara unha explosión, que provocou que se viñese abaixo o chan da casa que estaban a reformar.
Cando os Bombeiros de Carballo chegaron ao momento, o persoal sanitario xa atiña ao único ferido, que estivo consciente en todo momento. Así, os efectivos de Bergantiños fixeron as medicións necesarias para garantir a seguridade da zona e a ausencia de gases nocivos. Finalmente, o traballador foi evacuado ao Hospital Universitario da Coruña no helicóptero medicalizado con base en Santiago, mobilizado por Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Neste operativo participaron, ademais dos servizos sanitarios e dos Bombeiros de Carballo, a Garda Civil, a Policía Local e o Servizo Municipal e os voluntarios de Protección Civil da localidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.