Un veciño de Salceda de 42 anos con antecedentes policiais adicouse a roubar ata en catro lavandarías autoservizo en xuño

Os roubos eran cometidos por unha persoa que actuaba só, ocultando o rostro, e facendo uso de luvas.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 19/07/2024 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Pontevedra detivo a un home como autor de catro delitos contra o patrimonio, concretamente catro roubos con forza en lavandarías de autoservizo da localidade de Salceda de Caselas. Os roubos cometéronse durante a segunda quincena do pasado mes de xuño, sempre en horario de tarde, mentres se atopaban abertas ao público. As investigacións iniciáronse cun minucioso estudo das gravacións obtidas polos propios establecementos.

Os roubos eran cometidos por unha persoa que actuaba só, ocultando o rostro, e facendo uso de luvas. Unha vez analizada a forma de actuar deste individuo, estableceuse un servizo de vixilancia que permitiu a súa identificación, interceptación e detención. Tratábase dun veciño da localidade de 42 anos, con numerosos antecedentes policiais. O detido foi posto a disposición do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 1 do Porriño, que decretou a súa posta en liberdade pendente de xuízo.

Interior dunha lavandaría autoservizo
Interior dunha lavandaría autoservizo | Fonte: Eduardo Parra - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta