Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/07/2024 | Actualizada ás 18:09
O secretario xeral de Emprego, Pablo Fernández, dirixirase nos próximos días a través dun seminario en liña ao persoal técnico da Rede de polos de emprendemento e de entidades de persoas traballadoras autónomas, empresariais ou comerciais, así como as xestorías e colexios de graduados sociais, para resolver dúbidas sobre o Bono Remuda.
Con prazo de solicitude aberto ata o 30 de outubro, esta convocatoria, que conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros, busca fomentar o traspaso de negocios e garantir a súa permanencia no seo do tecido produtivo galego.
O obxectivo, lembrou a Xunta, é evitar o peche de negocios por falta de substitución xeracional, á vez que se facilita que as persoas interesadas en emprender poidan recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente. Os negocios obxecto de substitución deben ter o domicilio social e fiscal en Galicia e estar inscritos na Bolsa de Remuda da Rede de polos de Emprendimiento e apoio ao emprego.
A substitución deberá estar motivado pola xubilación ou pola proximidade da idade de xubilación da persoa titular do negocio. Tamén por causas sobrevindas como incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou falecemento, e deben producirse entre o 1 de xaneiro e o 30 de outubro de 2024.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.