Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2024 | Actualizada ás 14:36
Unha persoa tivo que ser evacuada en helicóptero medicalizado este martes tras resultar ferida despois dunha colisión entre un coche e unha moto no municipio ourensán de Padrenda. Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse pouco antes das 12.30 horas. Foi un particular quen deu aviso á central de emerxencias deste sinistro no quilómetro 1 da Ou-412. Ao ter coñecemento dos feitos, os operadores do 112 informaron os servizos sanitarios, que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, ademais do GES de Ribadavia.
Xa no punto, os membros do GES explicaron que o helicóptero conseguira tomar terra para, posteriormente, trasladar a un dos implicados no accidente ao centro hospitalario de referencia. Do mesmo xeito, tamén indicaron que os vehículos ocupaban a calzada, o que afectaba á circulación, polo que tamén se pasou o aviso á Garda Civil de Tráfico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.