Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 23/07/2024 | Actualizada ás 16:49
Ao redor de 60 vehículos participaron na mañá deste martes nunha caravana de apoio ao persoal de Maitours, empresa que presta o servizo de transporte urbano en Ferrol, Narón e Neda, que está en folga desde o pasado día 15.
A marcha, convocada polo sindicato CIG, que ostenta a maioría da representación dos empregados, saíu ás 9.30 horas desde O Regueiro, no municipio de Neda, para dirixirse cara ao polígono industrial naronés de Río do Pozo, onde o grupo Alsa teñen as súas oficinas.
Alí, os participantes na caravana e outras persoas que se sumaron á protesta, protagonizaron unha concentración. O persoal de Maitours reclama que se lle aplique o convenio provincial do sector e non o da antiga Tranvías (xa extinta) que era o que prestaba o servizo antes do último concurso.
Segundo explicaron no seu momento os representantes dos traballadores, neste convenio non cobran antigüidade nin tampouco dietas. Ademais, hai unha sentenza que establece que debe aplicárselles o convenio provincial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.