O Goberno prevé repatriar aos sobreviventes e falecidos do naufraxio de Malvinas este fin de semana

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2024 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O Goberno espera repatriar aos sobreviventes e aos falecidos do naufraxio do Argos Georgis ocorrido este martes fronte ás Illas Malvinas este fin de semana.

Así o confirmou o delegado do Goberno, Pedro Blanco, en declaracións aos medios tras asistir á Ofrenda do Apóstolo este xoves en Santiago.

Informou de que a patrulleira que traía a 13 dos 14 sobreviventes chegou este mércores á illa, onde se lles practicou unha revisión médica e confirmouse que non teñen ningunha lesión de consideración. Tras isto, apuntou, deberán prestar declaración ante as autoridades inglesas das Malvinas, que son as que están a cargo da investigación.

Tamén sinalou que ao longo deste xoves chegarán a porto os dous buques pesqueiros que transportan a un dos falecidos e ao outro sobrevivente, e ao resto dos falecidos. "A partir de aí iniciaranse os trámites de identificación dos corpos, por tanto estamos pendentes diso e estamos en permanente contacto coas autoridades", comentou.

Así mesmo, confirmou que xa se prepara, en colaboración co Ministerio de Asuntos Exteriores, un avión para repatriar tanto aos sobreviventes como aos cadáveres.

Polo momento, a procura dos desaparecidos suspendeuse polas condicións meteorolóxicas adversas, tal e como informaba o Goberno das Illas este mércores.

Respecto das causas do suceso, Pedro Blanco mostrouse cauto e remitiuse á investigación, sobre a que espera que arroxen "moita luz" os testemuños dos sobreviventes, pero si confirmou que non se descarta ningunha hipótese.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco. Foto de arquivo.. M. Dylan - Europa Press
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco. Foto de arquivo.. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta