Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2024 | Actualizada ás 18:10
O BNG pedirá amparo á Presidencia e Mesa do Parlamento de Galicia para ter acceso a contratos menores outorgados "a dedo" polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) e a Consellería de Sanidade durante a pandemia. Nun comunicado, o Bloque explica que solicitará amparo para que a Xunta e o PP "respecte" os dereitos dos deputados no acceso á información e poida garantir o dereito a exercer o labor de control ao Executivo.
O BNG acusa o Executivo de Rueda dunha nova "manobra" para restrinxir o acceso a expedientes sobre contratos menores. Os deputados nacionalistas Iago Tabarés e Luís Bará acudiron este venres en dependencias do Sergas, onde foron citados, para examinar documentación que solicitaron previamente por vías oficiais, pero "finalmente non se puxo á súa disposición a documentación requirida".
Con base no artigo 9 do regulamento da Cámara, o Bloque solicitou a remisión ao Parlamento de diversas contratacións de emerxencia en pandemia. No canto de achegar esa documentación, citouse aos deputados para examinar a documentación en dependencias administrativas. "Unha vez en dependencias do Sergas, en ningún momento púxose á nosa disposición a documentación solicitada", asevera Tabarés. Sostén que só "en presenza e baixo o control do persoal directivo e do gabinete do conselleiro" puideron ver na pantalla duns ordenador documentos determinados, sen estar "toda a documentación solicitada".
Os deputados piden "luz e taquígrafos" e que se acabe coa "vontade obstrucionista" do PP. Entre a documentación que require atópase a relacionada cos contratos de emerxencia asinados con Universal Support, "na que ostenta importantes responsabilidades o irmán da parella do expresidente da Xunta e hoxe líder do PP, Alberto Núñez Feijóo", que "chegaron aos 20 millóns de euros".
Tamén pide información sobre os contratos con Sibucu, que "no ano 2020 levou un contrato de emerxencia por dous millóns de euros destinados á compra de máscaras", ademais de con Mape Asesores, "empresa coa que mediou Alberto González, compañeiro da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e investigado por presunta fraude fiscal".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.