Un proxecto piloto da Xunta aplicará a intelixencia artificial ao diagnóstico precoz do cancro de mama

Rueda destaca que o obxectivo é "reducir ata un terzo" as lesións malignas que poden pasar desapercibidas nunha lectura convencional.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2024 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este luns que o Servizo Galego de Saúde vai pór en marcha este mes de xullo "un proxecto piloto para mellorar o diagnóstico do cancro de mama a través da intelixencia artificial". O obxectivo, tal e como destacou, é "mellorar a detección de lesións malignas en fases temperás" e poder examinar un maior número de probas "en menor tempo". En concreto, indicou que a previsión "é reducir ata un terzo" as lesións que poden pasar desapercibidas nunha lectura convencional das mamografías. Para iso, os radiólogos contarán cun software de intelixencia artificial que lles permitirá facer unha lectura máis precisa das probas analizadas.

Nesta liña, a Xunta destacou que estudos recentes demostran melloras en sensibilidade e especificidade dos radiólogos ao usar sistemas de intelixencia artificial sen incrementar o tempo de lectura. En consecuencia, unha maior detección precoz mellorará o prognóstico e reducirá a mortalidade, ademais de redundar nun menor gasto sanitario.

O proxecto piloto, que conta cun orzamento da Xunta de 35.000 euros e cunha duración de catro meses, levará a cabo en todas as unidades de Análises Radiológico, comezando pola Unidade Radiológica 3 da Coruña, por ser "a que máis radiografías de mama realiza", segundo explicou o presidente. No marco desta iniciativa realizaranse un mínimo de 35.000 estudos de mamografía empregando un software baseado en intelixencia artificial para apoiar aos radiólogos na lectura das mamografías 3D.

Deste xeito, nese catro meses que durará o proxecto piloto, un certo número de estudos radiológicos de usuarias do Programa galego de detección precoz de cancro de mama serán avaliados con intelixencia artificial, conxuntamente coa dobre lectura radiológica independente.

Os resultados serán contrastados cos obtidos para un período similar dalgún ano previo recente no que só se fixo a dobre lectura. "No caso de ser satisfactoria", indicou Rueda, o obxectivo da Xunta é estender o "uso desta ferramenta" nas unidades de radioloxía de todo o Sergas.

VACINA CONTRA O MENINGOCOCO

Na súa reunión deste luns, ademais, o Consello da Xunta acordou destinar 2,7 millóns de euros á protección da poboación galega fronte ao menincogoco B. Este investimento permitirá comprar en 2024 e 2025 un total de 46.000 dose da vacina para inmunizar ás nenas e nenos de 2, 4 e 12 meses e á poboación de risco.

A vacinación fronte ao meningoococo do serogrupo B introduciuse de forma sistemática no calendario galego de inmunización en novembro de 2022, xa que previamente só estaba financiada para determinados grupos de risco.

Intelixencia artificial
Intelixencia artificial | Fonte: Commons

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta