HUMOR: Atopan un autónomo “que non hai que andar detrás del"

Trátase dun caso único que rompe cos tópicos de impuntualidade e despreocupación dos autónomos.

Por GcToday | Santiago de Compostela | 25/08/2024 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

"Levo un mes esperando para que me dea un orzamento", "quedou en pasar hai dous meses e aínda estou esperando", "empezou os traballos, parou uns días para acabar outro que tiña a medias e non lle volvín ver o pelo", “anos despois de facerlle un encargo atopeino o outro día pola rúa e dime ‘xa arreglarías, ou?”, “encargueille o dormitorio do pequeno para a comuñón e chámame agora, que ten 2 fillos e vive en Suiza”?... Estas e outras frases polo estilo son bastante comúns cando se vive a experiencia de contratar a un autónomo, experiencia que se converte en moitos casos nunha verdadeira odisea.

Ferramentas
Ferramentas | Fonte: GC

Pois ben, malia estes tópicos de impuntualidade e despreocupación cos que son sinalados estes profesionais por conta propia, este medio atopou recentemente un caso excepcional, quizais único, que desminte todo o anterior.

No Concello de Leiravella dáse un caso inédito de puntualidade e cumprimento. Non imos desvelar aquí o nome do profesional, para evitar que colapse de traballo, pero si podemos falar dalgunhas das súas bondades: colle o teléfono á primeira chamada, queda en realizar a visita a unha hora e alí se presenta puntual coma un reloxo, cando non pode dar solución ao momento queda en pasar ao día seguinte e así o fai, á hora acordada xa está chamando na porta, non sabe o que é procrastinar, non deixa os traballos a medio facer, cumpre sempre coa súa palabra, ten un sentido da responsabilidade extremo, anota e lembra todos os encargos, cobra cando ten que cobrar, é facilmente localizable... e o máis incrible de todo, “non hai que andar detrás del para que faga as cousas”.

O autónomo en cuestión, una ‘rara avis’ na súa raza, está sendo agora estudiado por un equipo de investigadores das Facultades de Psicoloxía e Socioloxía da USC co fin de atopar que trazos do seu comportamento fan que sexa diferente ao resto de autónomos. Quedou desbotado xa que fóra vasco, alemán ou suízo...

Valado mixto de bloque e tixolo
Valado mixto de bloque e tixolo | Fonte: GC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta