O BNG pide ao Goberno que rectifique a decisión de derivar a mutuas os tratamentos de traballadores de baixa

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, advirte de que este sistema "permitirá que as mutuas interveñan para acelerar ou recortar os tratamentos e reducir as baixas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2024 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, urxiu ao Goberno central que rectifique a decisión de derivar ás mutuas os tratamentos e probas sanitarias de traballadores en situación de baixa. Nun comunicado, os nacionalistas lamentaron o acordo entre o Executivo, a patronal e os sindicatos polo que se trasladará ás mutuas os tratamentos e probas diagnósticas de persoas en situación de incapacidade temporal por continxencias comúns de orixe traumatolóxico.

Rego criticou que esta decisión aumenta a derivación á sanidade privada no canto de incrementar os recursos para a sanidade pública. Ademais, este sistema "permitirá que as mutuas interveñan para acelerar ou recortar os tratamentos e reducir as baixas". Para o Bloque, isto supón "descapitalizar" a sanidade pública en favor da privada. "O Goberno, en lugar de mellorar o sistema público de sanidade aumentando os recursos económicos para a dotación de máis persoal e a adquisición de novas tecnoloxías, opta por desviar recursos e fondos públicas ao sector privado", indicou Rego.

"Este acordo non mellorará a cobertura, todo o contrario, para os traballadores porque se renuncia a actuar sobre as causas dos procesos de baixa, limitándose a actuar sobre as consecuencias", engadiu o deputado. Para el, con este tipo de medidas o Goberno do PSOE e de Sumar está a asumir os argumentos da patronal sobre absentismo laboral, culpabilizando aos traballadores por estar en situación de baixa.

Néstor Rego
Néstor Rego | Fonte: BNG - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Brais

Todos sabemos o enorme e sistemático fraude nas baixas por enfermidade. Hai que facer algo. Cos dereitos sociais non se xoga.

1 Gamela

Pero o Camarada Rego non pregunta polo Negocio da Fusión da Mutua Gallega e de como a Tesourería Xeral da Seguridade Social regala o Edificio de Bar Boo a Ibermutua ? Os escuros negocios da Mútuas no Estado deben precisar Edificios de Balde para seguir cobrando primas e revisando baixas médicas ? https://flic.kr/p/Ug8tTs Pero este tema debe ter moitas espiñas para a UPG que leva 60 anos sendo unha Oposición Comunista (como todos podemos ver)