Por E.P. | A Coruña | 31/07/2024 | Actualizada ás 19:49
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, anunciou unha nova liña de subeveciones destinada ás asociacións de veciños de Esmelle e Covas, en Ferrol.
Así o fixo este mércores durante unha reunión cos representantes das asociacións que presentaron as súas demandas e inquietudes e valoraron vías de colaboración nos seus próximos proxectos.
González Formoso visitou, en Esmelle, as obras de mellora do local social onde destacou que a parroquia é un "referente no ámbito de asociacionismo veciñal" e que leva anos "realizando un esforzo enorme" en temas como a recuperación do patrimonio.
En Covas, foi recibido polo portavoz da asociación de veciños, Manuel Sendón, e membros da súa xunta, que lle trasladaron a importancia de acometer obras en materia de seguridade viaria e estradas. Neste sentido, pedíronlle a construción de novas sendas ou beirarrúas na estrada principal de Covas, a DP-3603.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.